martes, 9 de octubre de 2007

XIX HOMENAXE AO GAITEIRO

Manolo Viqueira (O Gaiteiro de Ordes)
Homenaxeado

Os tres xa no acto


Marcelino e Pepe da Gaita (de Vedra).Homenaxeados
3
DENDE A ETNIA Á ETERNIDADE. O XERMOLAR PROMETIDO

O GRUPO "ETNOGRÁFICO A BUXAINA", do CRACC programa para o sábado, día 13, desta mesma semana, a HOMENAXE AO GAITEIRO, este ano na súa XIX edición.

Os homenaxeados son nesta ocasión Manolo Viqueira e Marcelino e Pepe da Gaita de Sarandón, figuras senlleiras da música tradicional galega, e que seguen a transmitir os seus coñecimentos de xeración en xeración.

O evento , terá lugar no Teatro Sala de Concertos Caixa Nova en Vigo, ás 19:30 horas presentado por Pepe Suevos, e nel actuarán:

:::Anacos de Buxo

:::Agrupación Folklórica Trompos Os Pes

:::Quempallou

Importantes intérpretes da música en Galicia, e que permiten albiscar un acto cercano e de gran intensidade

As invitacións para asistir e disfrutar da Homenaxe, poden recollerse no CRAC de Coruxo (Vigo) ata o venres ás dez da noite

Recollido tamén de :
Da edición impresa e dixital do suplemento de Faro de Vigo do martes, 9 de Outubro de 2007, recollemos encantados e agradecidos a testemuña da identificación de amplo eco e estupendo marco, texto e imaxes.

Músicas para resonancias de fondo sentir

(Coma sempre, para unha máis doada lectura e visualizar, busca a man sobre a foto e pica; ou consulta a hemeroteca do periódico).

1 comentario:

C.R.A.C.C. dijo...

Saludamos a magnífica xestión que fixo A BUXAINA do evento.
Velahí xente moza que turra, con forza e talento