lunes, 27 de agosto de 2007

C-R-A-C-C->CONNECTION



Entendemos un futuro de apaixonado e lúcido enredo, e na busca do mellor, tamén conectado ós libros e a Internet.

Para estar de xeito real, e cunha realidade agora nova, na casa, e ó mismo tempo en Arxentina, en Australia e en Nova York.

Non nos podemos quedar a miralas vir, e miralas pasar...E de repente atoparnos no vagón de cola. Podemos usar o avión, ou querer ir en carro de bois dunha a outra parte do mundo.

Imaxinámonos cando se inventou a imprenta, algúns dirían “como o pergamino ni hablar”.

Fai ben menos de sesenta anos (tan pouco), ninguén houbera matinado que hoxe, todo o mundo conducira sen problemas un coche, e que moitas familias tiveran uns cuantos na casa. Hoxe a ninguén o amedrenta ter que pórse a aprender a conducir, se o precisa.

Non queremos refugarnos dentro da cova, nin deixar escapar o tren do futuro. Estamos montados enriba da burra, pero notamos que poden baixarnos dela, e quitárnola deixándonos un saco (moi pesado) aplastándonos as costas. Cangados, poden reclamarnos que nos movamos. Con urxencia. Non vai ser cómodo.

Pretendemos, que todos, na nosa zona, entre os dous e os cen anos,se manexen con gracia e soltura no Internet, e co ordenador en xeral. Sin aprensións, para gozar. Non se admitirán a menores dos dous anos. E “pa máis de cen, haberá que analizar caso por caso”

Queremos subliñar “para todos os trunfitos do mundo”, ou Rappeles, e outros abonados a solucións máxicas “que o futuro non vai radicar no pretendido coñecemento de se a pataca debe estar á dereita , ou á esquerda do allo”

Benvidos ós que pensen que o futuro podemos encendelo ou apagalo como se encende ou se apaga unha bombilla

lunes, 20 de agosto de 2007

sábado, 18 de agosto de 2007

Primeira Directiva

Corría abril do ano 1967...




miércoles, 15 de agosto de 2007

SAÚDO

Queremos principiar a nosa andaina cun saúdo, e o ofrecemento sen reservas, á colaboración de todo o que poida resultar positivo e enriquecedor, para a zona, -e no corazón da mesma- ,para os veciños ,e os cidadáns en xeral. Coas miras de que da colaboración sala o que , todos , xuntos, compartamos e disfrutemos
Enfiaremos as nosas forzas á percura dun horizonte limpo e aberto. A todas e ás mellores expectativas. Os cidadáns normais estamos sempre na boa intención, e non apetecemos perder esta característica que nos é tan propia e querida.
No traxecto cara un bo futuro colectivo, prometemos non escatimar azos ata atinxilo.
Ofrecemos tamén dende o punto de arranque, o mellor ánimo, e agardamos que non se torza