jueves, 22 de noviembre de 2007

miércoles, 14 de noviembre de 2007

Axetreo nas vindeiras datas

CULMEN E EPÍLOGO DO MAGOSTO
CULMEN E EPÍLOGO DO MAGOSTO











Busca a man e pica





As tartas estaban boísimas






CULMEN Y EPÍLOGO DEL MAGOSTO


Con nutrido seguimiento y atención pública, el C.R.A.C.C. (Centro Recreativo,Artístico y Cultural de Coruxo) desarrolla intensa actividad cultural, con multitud de cursos en marcha, y variado programa puntual para la agenda de las fechas próximas, que seguro interesará a buen número de vigueses y ciudadanos en general.


En este orden de cosas,el festejo del Gran Magosto,se prolonga para culminar el sábado, día 17 en la sede Social (Coruxo -Tarrío y Carretera de Camposancos 226), con 'Concurso Abierto de Repostería', Escola de gaitas y Baile galego a partir de las seis de la tarde.El domingo, a las doce y medio de la mañana, en nuestro Salón de Actos y con entrada libre, la estupenda Banda de Música 'Ateneo Musical de Bembrive', desarrollará un sugestivo, ameno y variado programaY el sábado siguiente, día 24, a las 7 de la tarde, la Vocalía de la Mujer,de este Centro Cultural programa básica conferencia, en la búsqueda de atinar en 'lo más eficiente' con el fundamental Cartel :La Adolescencia, para eslabones y lo que hayan de ser unos buenos pilares en los que insertar, y a partir de los que desarrollar las mejores vivencias y espectativas para ciudadanías y futuros en sus máximos y mejores aprovechamientos.







Esta última conferencia y coloquio tendrá contenidos, premisas y conclusiones a cuyos itinerarios acercará la joven y documentada psicóloga RUTH ROKISKI







Además este inmediato domingo,día 18, a las once de la mañana, en nuestra sede social, se inaugurarán los XXX Xogos Intersociais da Cidade de Vigo con la participación de los importantes Centros Culturales de Beade,Bembribe,Valadares, Candeán,Matamá y San Andrés de Comesaña,amén de Coruxo todos en el intento común de estrechar lazos y vinculaciones para la identificación, la convivencia y la reciprocidad.Estos Juegos abarcan a las modalidades de Ajedrez, damas, dominó,tute, mus, brisca, tenis de mesa, escoba y parchís.












Remitimos de nuevo a la relación de cursillos de variada índole que además se desarrollan de forma habitual en nuestra sede, bajo la atención de estupendos (as) mantenedores (as)

miércoles, 24 de octubre de 2007

SÁBADO,TEATRO



IMAXES
RESULTADO DA ACTUACIÓN TEATRAL DO SÁBADO 27 DE OUTUBRO
E ASISTENCIA Ó ACTO




BÓ SABOR DERRADEIRO




A entrada será libre, e a representación terá lugar no Salón de Actos do propio CRACC

Na carretera de Camposancos 226, Tarrío. En Coruxo da tamén benaventurada cidade de Vigo (En España)




viernes, 19 de octubre de 2007

XIX HOMENAXE AO GAITEIRO (o EVENTO)

TESTEMUÑA GRÁFICA DA CELEBRACIÓN

(O día 13 na Sala de Concertos Caixa Nova)

Organizado polo Etnográfico A BUXAINA, do CRACC

Os homenaxeados participaron de xeito activo no acto, cós seus acompañantes



Pepe Suevos enredando cos asistentes (na gargallada sen freno)











QUEMPALLOU no escenario







Actuación da Agrupación Folklórica Trompos Os Pes













Trompos Os Pes








ANACOS DE BUXO.










xente moza que sabe ó que está




















Atención e aplauso ós homenaxeados

Presidente do CRACC e representantes da cidadanía na Homenaxe


Imaxe de mantedores do Acto.
















Xente nova na maxia, no control, no cabalístico e na mística da celebración. A que lle deu tamaño.

Sala de Concertos escoitando con respeto e sentimento o Himno Galego final

jueves, 18 de octubre de 2007

SENDERISMO. ROTA AFONSO

ACHADO NA CAMIÑADA DO DOMINGO, DÍA 7

(En estupendo disfrute da natureza). E distendida e ben documentada guía.

Camiño da Pedra Moura, deixamos atrás as últimas casas de Fragoselo.


A serpe máis lonxeva de Coruxo: tres mil anos longos asollándose no alto deste coto, na regueira do Pontón. Es quen de distinguila?




Nun pequeno claro entre os eucaliptos asoma a vida: o carrasco da fotografía (Calluna vulgaris)florece nestes días de outono.



Este musgo do xénero Sphagnus ten un grande interese ecolóxico; é o compoñente vexetal máis abondoso das turbeiras, hábitats que se forman en superficies chans de solos pobres e ácidos, en torno a afloramentos de auga.

Nas turbeiras, a acumulación de restos orgánicos sen descompor dá lugar á formación dun carbón vexetal chamado "turba". As turbeiras son ecosistemas pouco comúns que se encontran en perigo. En Coruxo temos unha pequena representación acarón do merendeiro de As Chans.





Estes musgos sobreviven a duras penas baixo os eucaliptos.




A oxixenación e vitalismo recollido no andar aínda
nos dura

Acacias como as da fotografía e eucaliptos abafan a nosa flora autóctona . As substancias químicas que desprenden actúan como auténticos herbicidas naturais, impedindo que a maior parte das nosas especies poidan vivir á súa sombra.









O bosque de ribeira , formado aquí por amieiros, salgueiros, loureiros e outras especies, luita por recuperar os regatos dos cais foi expulsado. Estamos en Balteiros, e no centro da fotografía podemos albiscar a elaborada canle de pedra que conducía a auga do regato cara o muíño do Cubo Alto.






O intrépido grupo vadeando unha "aguada" nas escarpadas ladeiras do val do Urubamba, na Amazónia peruana.










Ou era no Pontón, sobre os muíños de Balteiros?




Muíño de Apolinar,un dos mellor conservados do conxunto de Balteiros




Interior do mesmo muíño, mostrando un formidábel pé.




Através da canle, a auga era conducida desde o regato até o cubo do muíño.




Estes muíños son algo máis antigos que os de auga (terán sobre uns 4000 anos ). Os nosos antepasados sentaban sobre este penedo e moían nestes muíños "naviculares" empregando unha pequena mó de man.
A tipoloxía de muíño manual sobre soporte fixo é exclusiva da nosa área (Rías Baixas e Baixo Miño). O conxunto do Viveiro ten un grande valor arqueolóxico, tanto polo número de muíños como polo seu estado de conservación.



Tamén visitamos o célebre petroglifo da Pedra Moura, o mellorciño en arte repestre de todo o concello de Vigo. Apesar do seu valor, até o día de hoxe encóntrase nun estado de total abandono.
Aquí podemos apreciar o motivo central dunha grande combinación circular: os viciños de máis idade de Fragoselo coñécenno como a "Portiña de Zapón". Dicíase que un ser máxico que aquí vivía levantaba este zapón para introducirse no interior da laxe , cando era descoberto no exterior polos humanos. Seguro que xa sabedes de quen estamos a falar.


Agardamos cobizosos repetir camiñada noutro tan ben escollido andar.

martes, 9 de octubre de 2007

XIX HOMENAXE AO GAITEIRO

Manolo Viqueira (O Gaiteiro de Ordes)
Homenaxeado

Os tres xa no acto


Marcelino e Pepe da Gaita (de Vedra).Homenaxeados
3
DENDE A ETNIA Á ETERNIDADE. O XERMOLAR PROMETIDO

O GRUPO "ETNOGRÁFICO A BUXAINA", do CRACC programa para o sábado, día 13, desta mesma semana, a HOMENAXE AO GAITEIRO, este ano na súa XIX edición.

Os homenaxeados son nesta ocasión Manolo Viqueira e Marcelino e Pepe da Gaita de Sarandón, figuras senlleiras da música tradicional galega, e que seguen a transmitir os seus coñecimentos de xeración en xeración.

O evento , terá lugar no Teatro Sala de Concertos Caixa Nova en Vigo, ás 19:30 horas presentado por Pepe Suevos, e nel actuarán:

:::Anacos de Buxo

:::Agrupación Folklórica Trompos Os Pes

:::Quempallou

Importantes intérpretes da música en Galicia, e que permiten albiscar un acto cercano e de gran intensidade

As invitacións para asistir e disfrutar da Homenaxe, poden recollerse no CRAC de Coruxo (Vigo) ata o venres ás dez da noite

Recollido tamén de :
Da edición impresa e dixital do suplemento de Faro de Vigo do martes, 9 de Outubro de 2007, recollemos encantados e agradecidos a testemuña da identificación de amplo eco e estupendo marco, texto e imaxes.

Músicas para resonancias de fondo sentir

(Coma sempre, para unha máis doada lectura e visualizar, busca a man sobre a foto e pica; ou consulta a hemeroteca do periódico).

sábado, 6 de octubre de 2007

SAÚDE E NATUREZA

SENDEIRISMO. ROTA AFONSO

Na percura (activa) do mellor futuro, e da man do apaixoado, e cabal, e vitalista conocedor e impulsor da circulación polo roteiro, o CRACC programa para mañá, domingo, a camiñada que ofrecemos na imaxe que segue, con saída da nosa sede ás dez da mañá. E para a que facemos INVITACIÓN, e aportamos compañía cordial.


Afonso é un mozo cercano, san, informado e lúcido a modo total, e que quixermos abrise esta compoñente do que haxa de ser o noso andar. Agardamos moito da súa aportación neste eido.


E devecemos tamén polos comentarios dos participantes na camiñada. Coas percepcións que queirades amosar neste mesmo marco
Plano da rota ofertado por Afonso, xa con antelación á mesma, e que tiveron nas súas mans os roteiros na camiñada.Que completaremos agora con testemuña gráfica recollida no andar

jueves, 4 de octubre de 2007

PROGRAMACIÓN DENDE CREATIVO DESEÑO

APOSTAS POLOS DESINTERESADOS ENRIQUECEMENTOS

E de celebrar a desinteresada e moi creativa aportación, da xente moza. Neste caso, temos o programa do CRACC, para o 4º trimestre do 2007, dende o maxín e a man de Rubén Comesaña Barciela como deseñador. Achegámolo ós socios a través de correo ordinario, e agora amosámolo neste espacio electrónico có que contactar en calquera parte do mundo.

Cara 1 do programa deseñado dende:

solosonruidos@hotmail.com


(Cara 2 do programa. Xa xabes, para mellor lectura busca a man, sobre él, e pica)


Queremos á xente moza nas vangardas.
Con todo o talento. Dende a irrenunciable liberdade.A potencia creadora do encendido maxín, e a ponderación e control da racionalidade.

Vagón de enganche da creatividade, no CRACC, coas portas abertas

viernes, 14 de septiembre de 2007

PROGRAMACIÓN 4º TRIMESTRE




Saída do CRACC ás nove da mañá. E volta, encol das nove dá noite.

Saúdos, coa nosa permanente invitación a que te achegues e participes no que é teu. De elo, adiantamos a satisfacción que corresponde

( Coma sempre picando onde apareza a man acadas telo ampliado e de mellor lectura.)

Seguiremos en contacto.





A EXCURSIÓN FOI TODA ELA UNHA FESTA.

A maiores,comemos e bebemos. Primeiro. Porque o marisco no Grove tiña un bó comer. Logo paseamos e xa nuns segundos adelgazamos. Sempre a comulgar có que debe ser. Se hai que comer, cómese. E se hay que aúnar, aúnase e ponse un a ser fino coma un vimbio. E o que tén vivir a tope. Mentras se poida.Mirade vos, ninguén se mareou. Anque houbo quén xogou ás envolvidas. Un chisco descentradas. Por cousa dos antoxos otoñales



Animados e contentos fixémonos case da familia. (Ou un pouco máis)


Chegámonos ós monumentos. Que han resistir aínda en pé,o paso de moito tempo. E que nos dan idea de forza e de cohesión





¿Lembrades. Estaban boas as uvas?E tamén había refrescos.



O que ven logo, non é un hotel de centos de miles de estrelas




<<<< --.:::·=·. -->> Igresa de Sanxenxo