lunes, 27 de agosto de 2007

C-R-A-C-C->CONNECTION



Entendemos un futuro de apaixonado e lúcido enredo, e na busca do mellor, tamén conectado ós libros e a Internet.

Para estar de xeito real, e cunha realidade agora nova, na casa, e ó mismo tempo en Arxentina, en Australia e en Nova York.

Non nos podemos quedar a miralas vir, e miralas pasar...E de repente atoparnos no vagón de cola. Podemos usar o avión, ou querer ir en carro de bois dunha a outra parte do mundo.

Imaxinámonos cando se inventou a imprenta, algúns dirían “como o pergamino ni hablar”.

Fai ben menos de sesenta anos (tan pouco), ninguén houbera matinado que hoxe, todo o mundo conducira sen problemas un coche, e que moitas familias tiveran uns cuantos na casa. Hoxe a ninguén o amedrenta ter que pórse a aprender a conducir, se o precisa.

Non queremos refugarnos dentro da cova, nin deixar escapar o tren do futuro. Estamos montados enriba da burra, pero notamos que poden baixarnos dela, e quitárnola deixándonos un saco (moi pesado) aplastándonos as costas. Cangados, poden reclamarnos que nos movamos. Con urxencia. Non vai ser cómodo.

Pretendemos, que todos, na nosa zona, entre os dous e os cen anos,se manexen con gracia e soltura no Internet, e co ordenador en xeral. Sin aprensións, para gozar. Non se admitirán a menores dos dous anos. E “pa máis de cen, haberá que analizar caso por caso”

Queremos subliñar “para todos os trunfitos do mundo”, ou Rappeles, e outros abonados a solucións máxicas “que o futuro non vai radicar no pretendido coñecemento de se a pataca debe estar á dereita , ou á esquerda do allo”

Benvidos ós que pensen que o futuro podemos encendelo ou apagalo como se encende ou se apaga unha bombilla

No hay comentarios: